Seguridade nos barrios

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no Pleno ao goberno municipal si é coñecedor da falta de seguridade no barrio do Castrillón E das medidas que ten pensado adoptar, diante das queixas da veciñanza que está a demandar maior seguridade para un barrio esquecido e abandoado polo goberno local.

 

Esquerda Unida esixe ao Concello que incremente a seguridade nos barrios máis afastados do centro, pois a pesares de e ser unha das demandas que se repiten nos distintos barrios que estamos a visitar e desenvolver asembleas como O Birloque, O Ventorrillo e agora O Castrillón, o goberno municipal non a está atender, así por exemplo cando instamos ao Concello a incrementar a seguridade no Birloque nunha zona onde existen focos de venta de droga, nunha das iniciativas que emanaron da I Asemblea de barrio no Birloque, o goberno do PP limitouse a esquivar o problema e responder que é función da policía municipal, obviando a responsabilidade final do Concello en todo o que atinxe a os seus veciños e veciñas e unha das promesas electorais.  

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “e curioso observa como o aparato mediatico do PP presume de policía de barrio e de activar a xunta de seguridade, mentres que a realidade amosa que a veciñanza de Birloque, Ventorrillo e Castrillón demanda maior presenza policial”.

Relacionados