Neste sentido e en resposta as palabras de Julio Flores, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non xera alarma social solicitar celeridade, coordinación e transparencia para garantir a seguirdade da veciñanza, a alarma social a crea a repugnante corruptela dos dous grandes partidos con exemplos como o caso relámpago, o alcalde de Lugo ou o exalcade de Ourense por parte do PSOE ou os escándalos do PP como o do extesoreiro Barcenas, os dous alcaldes de Santiago imputados, ou o presidente da comunidade de Madrid”.
Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que faga o necesario para atender as demandas da veciñanza de Nostian e informe sobre os plans de emerxencia da refinería, semella unha actitude cobarde e pueríl escudarse en que o plan interior é competencia de Repsol e o exterior da Xunta, porque ao fin e ao cabo a responsabilidade final sobre a seguridade dos coruñeses e coruñesas recae no concello, como administración máis próxima a cidadanía. Ao fin e ao cabo trátase de dispoñer e coñecer os ditos plans para poder colaborar en mellores condicións en caso de catástrofe. Semella lóxico e coherente aplicar o criterio de prevenir antes que curar porque si acontece unha desgraza por falta de coordinación a cidadanía non aceptará lagrimas de cocodrilo. Demandamos que o alcalde non se lave as mans como Poncio Pilatos e solicite urxentemente copia dos devanditos plans para que os estuden todos os servizos municipalis implicados na seguridade cidadá.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes reafirmase na súa solicitude para que o goberno local desenvolva unha campaña informativa sobre os riscos que ocasiona a refinería e como debe actuar a cidadanía en caso de catástrofe, unha vez estudados os ditos plans polos técnicos do concello estuden e en coordinación coa Xunta e a refinería. Porque non debemos esquecer o elevado perigo que supoñen as esferas que conteñen os liquidos combustibles e gases inflamables da refinería, que en caso de explosión a bóla de lume causaría queimaduras de primeiro grao a persoas situadas nun radio de 2.270 m, así como danos en estruturas, madeiras e cristais. Asemade a zona de afección no caso de incendio ascende até 2,9 Km. Esto supón un evidente risco para o núcleo de Nostián, o polígono industrial da Grela e os centros comerciais Marineda City e Ikea.
Precisamente debido a esta situación existe a obriga legal de elaborar un Plan de Urxencias Exterior, que ten que ser actualizado cada cinco anos, no que se defina todas as hipóteses de incidentes susceptibles de xerar accidentes con posibles vítimas e danos materiais, así como determinar a zona de intervención e de alerta e os sistemas de actuación e coordinación en caso de accidente grave. Polo que non se trata de crear alarma social como falazmente argumenta o goberno municipal para agachar a súa inacción, senón de dar a coñecer á cidadanía os riscos que están a soportar e o mellor modo de actuar en caso de castástrofe.