Seguridade viaria nos colexios

Esquerda Unida pregúntase si será necesario un atropelo mortal para que o goberno municipal actúe e aplique medidas de seguridade viaria nos colexios. No mes de febreiro anunciamos publicamente unha serie de medidas sinxelas, de baixo custe e fácil desenvolvemento por parte dos propios servizos municipais, mentres que anunciabamos que non levalas a cabo, si que podería resultar caro.  Porque si ven é certo que algúns centros dispoñen dalgunha das medidas que propoñiamos, outros moitos incumpren todas. E o desexable é que todos e cada un dos centros dispoñan de todas as medidas propostas.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indico que “o goberno local afirmou en pregunta plenaria nosa no mes de marzo que xa está a aplicar medidas de seguridade, mais a realidade demostra que a meirande parte dos colexios non incorporan a maioría das medidas que propoñemos”. Este accidente volve a demostrar a inseguridade viaria existente nas proximidades dos colexios e IES, porque aos incumprimentos dos condutores e dos propios autobuses urbanos, en canto a límites de velocidade e saltos de semáforos, hai que engadir a inacción do goberno municipal.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón un paquete de medidas para incrementar a seguridade viaria que deberían estar estandarizadas en todos os centros escolares, son medidas sinxelas, de baixo custe, fácil desenvolvemento e inmediata aplicación que comeza cun análise de riscos en cada centro escolar no que participe, ademais dos técnicos municipais dos servizos de mobilidade e urbanismo, o consello escolar de cada centro e a asociación de veciños do barrio, que permita definir as actuacións básicas necesarias para incrementar a seguridade viaria, algunhas destas medidas poden ser:

– Barreiras sonoras na vía en ambos sentidos, antes dos pasos de peóns que se deben elevar uns 10-15 cm de altura con rampas, para que os coches teñan que reducir obrigatoriamente para evitar danar as amortiguacións.

– Limitar a 30 kms hora a velocidade no entorno dos colexios e IES indicalo con sinais luminosas fotovoltaicas, así como declarar estas zonas como de prioridade peonil.

– Aumentar a iluminación e retirar os obxectos que reduzan a visibilidade.

– Esixir a compañía de tranvías a que reorganice as liñas de autobuses, para evitar que os condutores sobrepasen a velocidade máxima por mor de cumprir unhas frecuencias excesivamente axustadas en tempo. É inadmisible que os autobuses urbanos sexan uns dos máximos infractores de velocidade coa permisividade do Concello: cantas multas houbo en Tranvías?

– Aumentar a presenza da policía local para disuadir e, de ser o caso, multar aos infractores.

 

Este conxunto de medidas cumpre as recomendacións do estudio “Prioridades en España na seguridade dos peóns: nenos, adultos y maiores 2005-2010” da FUNDACIÓN MAPFRE, subliña que os principais afectados polos atropelos son os menores de 14 anos e os maiores de 65, figurando o horario escolar, a velocidade inadecuada e a circulación en cidade entre as principais circunstancias destes, en gran medida evitables, siniestros. Como se pode deducir, os tres factores danse no entorno das zonas escolares urbanas, sen prexuízo do fomento da educación viaria imprescindible nas aulas.

Relacionados