Semana de folga

Nada se avanzou na xuntanza do venres que se prolongou até as cinco da mañá e na que se incorporou o mediador tal e como propoñían o Comité de Empresa e que a empresa rexeitara en días anteriores. Constatouse de novo que a empresa non move nin un ápice as súas pretensións de incrementar a conta de resultados a consta de despedir traballadores e traballadoras porque a súa intención non é reciclar os refugallos, senón transferilos a outras plantas para a súa incineración o soterramento.

Esquerda Unida considera que os coruñeses e coruñesas están a sufrir as consecuencias da folga debido a incapacidade do goberno local que lonxe de mediar e participar activamente no conflito limítase a lanzar comunicados e facer declaracións apelando  a boa fe das partes. As rúas coruñesas están cheas de lixo, o cheiro comeza a ser moi molesto e a imaxe da cidade, en plenas festas, está quedando polo chan. Será un enorme fracaso do PP, si o goberno municipal non é capaz de mediar no conflito para evitar que a folga se alongue á semana grande. Semella bochornoso que o executivo local invista millonadas en fomentar a imaxe da cidade e que sexa incapaz de arranxar nun conflito que dana gravemente a imaxe da cidade no momento do ano que temos máis turistas e hai mais miradas postas na Coruña. Porque non valen as desculpas que hoxe da o PP e onte daba o PSOE, escudándose en que é un conflito que teñen que resolver entre empresa e traballadores, porque apesares de estar externalizado, trátase dun servizo público que ten que ofrecer o concello. Aínda que Albada é a culpable da situación pero o goberno municipal é responsable debido a súa inacción.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o goberno local pretende agachar as consecuencias da folga cercenando os dereitos laborais dos traballadores e traballadoras de Cespa a concesionaria encargada da recollida do lixo, pois pretende cambiar dúas quendas completas de recollida do lixo da noite para o día, saltándose o convenio colectivo o que ademais de supoñer un cambio brusco nos hábitos de vida dos traballadores e traballadoras suporá unha redución salarial ao aforrarse á concesionaria os custes de nocturnidade. Está claro que o PP antes de prexudicar a Albada prefire atacar os dereitos dos traballadores de Cespa co perigo de xerar outro conflito laboral, o que suporía o cumio da incapacidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é o goberno municipal quen secuestra a cidadanía co seu silencio cómplice diante dos excesos dunha concesionaria que incumpre sistematicamente o contrato”.

Relacionados