Sen novas do dique flotante

O concelleiro de EU, Javier Galán, lembra que seguimos sen ter novas sobre o dique flotante, que constitúe un investimento produtivo da maior relevancia para un segmento da producción de Navantia. Galán empraza á alcaldía de Ferrol a facer valer as súas declaracións electorais nas que apostou por conquerir ese investimento necesario para o desenvolvemento dos estaleiros públicos da nosa ría. Asi mesmo lembra as promesas electorais das últimas eleccións nas que o Partido Popular un día si e outro tamén fartouse a falar da contratación dun flotel con Pemex. Desde o grupo municipal de EU preguntámonos: que hai de novo?. Mesmo habería que preguntarse : hai alguén aí?.

Esquerda Unida vai manter una posición reivindicativa e esixente a prol dos intereses do sector naval público galego, intereses que son vitais para Ferrolterra, tanto no que fai á plantilla canto á cidade, en termos de dinamizacións económica e consumo, así como no emprego futuro.

No trámite parlamentario do que vai ser o vindeiro orzamento galego, o Grupo parlamentario de AGE vai ser belixerante na procura de consignar una partida para cofinanciar este investimento.

Relacionados