As discrepancias dentro do grupo de goberno están causando un perxuicio moi importante nunha área tan sensible neste momento como a de Benestar Social, dada a situación de crise económica existente. Así nos atopamos con que a estas alturas, maña é noite boa as familias de Mugardos non poderán contar coas axudas para mercar os xoguetes ós seus fillos/as.
Dende o grupo municipal de EU entendemos que aínda estamos a tempo de salvar a noite máxica de reis, máis tradicional para o conxunto da poboación que a de noite boa, é polo tanto reclamamos do grupo de goberno que adopte as iniciativas precisas para que as familias de Mugardos con escasos recursos económicos poidan mercar os regalos de reis ós seus fillos antes da noite do 5 de xaneiro.