Ninguén pode esquecer que a concesión de esta licencia, foi o falso argumento utilizado por Pilar Díaz, Ramón Toimil e Manuel Fariña, para denunciar ao Alcalde perante a Fiscalia de delitos urbanísticos e que logo servíu de pedra filosofal para o esperpento da “Operación Virgin”
Mágoa que no blog do BNG non publiquen a citada sentencia, que nós si publicamos, para que sexa de público coñecemento que a demanda non foi interposta polas persoas que cita alegremente o serenísimo sr. Alcalde, senón por outra veciña da localidade.
Unha atenta lectura da sentenza tamén amosará que, con ela, se non se recurre ou non se fai unha modificación puntual do PXOM , queda en entredito a protección do casco antigo de Mugardos, que só se poderá aplicar ós veciños que pretendan amañar unha ventana, pero non ós promotores, que quedan libres para derrubar casas, agrupar parcelas e facer edificios novos e “modernos” que, probablemente, serán do gusto dalgúns, que de todo hai… Pero deixando as cuestións estéticas e abordando as semánticas, recomendamos ó redactor ou redactora do blog nacionalista que non use xuntas tantas expresións altisonantes, especialmente cando descoñece o seu significado. Onde di “pedra filosofal”… quixo decir “pedra angular”??? Porque os alquimistas da Idade Media pretendían transformar o chumbo en ouro coa pedra filosofal. Nós distinguimos o chumbo do ouro perfectamente. Tamén distinguimos o institucional do partidista e por iso non reproducimos aquí, como fai o blog do Bloque, a fotografía do Concello.