Sentenza do Prestige

O grupo parlamentario cualificou o ditame xudicial de “consecuencia dun xuízo andrómena que rematou en fracaso”. O propio portavoz, Xosé Manuel Beiras, lembrou que isto non é máis que outra mostra da “impunidade do poder, cometa os crimes que cometa”.

Sánchez, no escrito presentado onte, recorda que a Xunta, personada no xuízo, só imputou delitos contra o capitán do Prestige e máis o xefe de máquinas. O Goberno galego, tal e como consta na sentenza, gastou 145,3 millóns. Ninguén pagará nada pola, talvez, maior desfeita ecolóxica da historia de Galiza. Nin sequera houbo, nin haberá, responsabilidades políticas: algúns dos culpábeis son hoxe presidente do Executivo español ou director da Garda Civil –Arsenio Fernández de Mesa.

É neste contexto que Alternativa Galega de Esquerda insta á Xunta a interpor un recurso de casación contra a lamentábel sentenza lida onte.

Relacionados