O anuncio do abandono de Dolce Vita por parte de Inditex, unido a anteriores peches pon en grandes dificultades a viabilidade do centro comercial, situación por outra banda lóxica debido ao exceso de grandes superficies na Coruña.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “todos sabemos que está é unha situación herdada dos anteriores gobernos do PSOE de Paco Vázquez que nun grave erro político-económico apostaron pola implantación de grandes centros comerciais por intereses urbanísticos especulativos”, provocando a descapitalización da nosa cidade xa que o fomento das grandes superficies provocou o debilitamento da vida de barrio coruñesas e do pequeno comercio que se caracteriza por reverter os seus beneficios na propia cidade, mentres que nas grandes superficies proliferan as empresa multinacionais que no pechan el ciclo económico pois actúan de sumidoiros dos nosos aforros, levándoos aos seus centros de decisión lonxe da Coruña ou investindo directamente en economía especulativa.
Non cabe dúbida de que con denunciar os feitos non se resolven os problemas, xa que logo, Esquerda Unida propón que o concello utilice o espazo baleiro do centro de Dolce Vita para instalar un Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) para constituírse nunha ferramenta efectiva para autónomos, PEMES e cooperativas, cubrindo as necesidades básicas ás que se enfrontan os emprendedores, para que podan centrarse na súa actividade produtiva e así rachar coa barreira burocrática que na practica impide a moitos realizar a súa actividade. Así, mediante unha taxa que cubra custos de xestión o Concello xestionaría o acceso a oficinas, e a prestación de servizos administrativos, informáticos, de comunicacións, de loxística, e asesoramento contábel, laboral e tributario.
O SIAME favorecerá a reactivación económica local, a creación de emprego estábel de calidade e o cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo”, ao establecer ditas premisas como requisito de acceso ao servizo xunto cun estudo favorábel sobre a viabilidade económica (desenvolvido pola propio SIAME). Así, as nosas empresas melloraran a súa competitividade diante dun escenario de escaseza do petróleo e constante suba de prezos da enerxía.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes aposta porque nunha primeira fase o servizo a emprendedores centre a súa actividade nas novas tecnoloxías para potenciar un clúster tecnolóxico local que de resposta as necesidades do proxecto Smart City, así, parte dos fondos europeos poderían utilizarse para lanzar o dito servizo de apoio a emprendedores e que as empresas participantes se integren no Smart City desenvolvendo algún dos proxectos.