vigo.gif - 5.74 Kb

Silencio do concello

 

ESQUERDA UNIDA presentou en agosto de 2010 unha denuncia ante o Defensor del Pueblo informando da gravidade do feito de que unha cidade de máis de 300.000 habitantes reais non ten habilitado un albergue ou centro de inclusión social para paliar o grave problema da marxinalidade e a exclusión social.

ESQUERDA UNIDA recibiu dúas notificacións unha en novembro de 2010 e outra recentemente notificando que a oficina do “Defensor del Pueblo” tiña solicitado ao concello de Vigo un informe sobre os proxectos ou actuacións que tiña artellado para paliar esta situación de emerxencia social. O Concello sigue sen contestar ao Defensor polo que ESQUERDA UNIDA entende que o devandito proxecto non existe e posiblemente foi un anuncio electoral de urxencia para evitar as protestas de diversos colectivos sociais que reclaman un centro de inclusión social na nosa cidade.

ESQUERDA UNIDA pide que o proxecto anunciado polo Concello siga un proceso legal de concurso público aberto, priorizando que o que se artelle sexa un centro de inclusión social e non un simple albergue para a pernoctación das personas en situación de rúa.

Rubén Pérez, coordenador local de EU, lembrou que ESQUERDA UNIDA seguirá defendendo que a ubicación do futuro centro sexa o edificio da GOTA DE LEITE e lamenta que de comezo unha lexislatura máis co risco de que personas morran na rúa ou sigan estando excluídas da axenda política e social do Concello.

Relacionados