Simboloxía franquista

 

Na nosa cidade seguen a campear en espazos públicos algúns restos de simboloxía   vencellada aos golpistas e a ditadura franquista, que a nosa organización entende que lastiman a memoria democrática da nosa cidadanía e vulneran a legalidade vixente.

 

O rueiro do Arsenal constitúe o ámbito espacial onde aínda as súas e prazas conteñen nomes e dedicatorias contrarias á legalidade democrática vixente.  Hai que lembrar un pronunciamento do Pleno do concello, a instancias de EU, para rematar con esta insultante anomalía. Doutra, a formación de esquerdas e ecoloxista chama a atención acerca do busto do militar golpista, Camilo Alonso Vega, que resta no espazo público do centro hospitalario Juan Cardona, centro que se mantén conveniado coa sanidade pública e o propio concello.  Este militar desenvolveu logo na Giardia Civil e no ministerio da gobernación ás máximas responsabilidades cunha exacerbada brutalidade, sendo xa esas responsabilidades de seu sumamente violentas.

 

Esquerda Unida considera necesario que o Goberno do PP rache coas hipotecas que aínda lastran a esta organización política, renuente a condenar o golpe de Estado do 36 e a ditadura subseguinte, e proceda alomenos a completar as previsións legais contidas na Lei 52/07,  sobre eliminación da simboloxía fascista e axudas para a recuperación das persoas que xacen en fosas anónimas por todo o territorio do Estado.

 

Todo elo sen prexuízo de que a formación de esquerdas e ecoloxista sostén a necesidade e xusteza da elaboración dunha ulterior lei de memoria que recoñeza e compense aos loitadores antifranquistas no noso país, asemade de anular todos os xuízos políticos do franquismo.

Relacionados