Sinaturas pola transparencia no concello

Os veciños e veciñas de Ponteareas teñen o dereito á información completa do estado real das finanzas do concello e o goberno municipal (PP).

A grave situación económica das arcas municipais non é produto da casualidade nin da intervención divina: é o resultado das políticas levadas adiante polos distintos gobernos municipais. É o resultado dunhas prácticas políticas baseadas no caciquismo e no escurantismo, da venda de favores e manexo arbitrario dos recursos municipais. Todo isto coa complicidade dos partidos da oposición, aos que tamén lles interesa ocultar información.

O resultado: un Concello endebedado sen xeito, suba de taxas municipais, falta de servizos e de locais públicos, problemas urbanísticos e medioambientais.

Por todo isto, dende Esquerda Unida levaremos adiante esta campaña reivindicando o dereito da cidadanía a ter coñecemento preciso de cal é o estado real de contas para que por si mesmos poidan valorar a situación do concello, sen intermediarios nin tutelas. O mínimo esixible nunha verdadeira democracia.

 

Relacionados