Esquerda unida denuncia a deficiente sincronización semafórica nos Mallos que está a poñer en risco a seguridade da veciñanza, posto que tanto pola Avda. de Arteixo como por A Rolda de Outeiro hai unha grande densidade de coches que circulan a grande velocidade apesares de que existe unha limitación de 50 Km/h. debido a que é unha zona de entrada e saída da cidade.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe que se incrementen os tempos de paso de peóns nos semáforos á saída do Centro de Saúde na Avda. de Arteixo e nos cruces desta coa Rolda de Outeiro. Chega con facer unha visita a zona para comprobar como os tempos para establecidos para os peóns son moi escasos, tendo as persoas maiores moitos problemas para poder cruzar con seguridade.
Esta eiva amosa unha vez máis o déficit en canto a mobilidade que presenta a nosa cidade debido a que os nosos gobernantes durante décadas non se preocuparon en aplicar políticas de mobilidade eficientes, así tanto as rúas como as infraestruturas e os semáforos están concibidos para priorizar os vehículos privados a motor en lugar de fomentar o uso peonil. Un erro grave que temos que solucionar fomentando os transportes alternativos como o camiño a pe o a utilización da bicicleta, xunto coa aposta decidida polo transporte público colectivo mediante a redución e flexibilización das súas tarifas e a mellora do servizo.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a veciñanza ten denunciado esta situación dende fai moito tempo, a nosa organización tamén o ten feito xa en épocas do bipartito mais o Concello non actúa diante dun evidente risco para a cidadanía”.
Así, Santiso recordou que na xuntanza mantida fai un ano coa AVV. Os Mallos os veciños e veciñas xa nos comentaron o problema da regularización semafórica, e así nos o denunciamos públicamente e o fixemos saber ao goberno municipal.