Situación da canceira municipal

Unha concesión por 17 anos, incluíndo dous de prorroga, que data no 2006 cando o PSOE gobernaba en maioría absoluta, que no seu contrato establece un importe de 142.000 € anuais pero o rendemento da empresa é extremadamente baixo pois segundo estimacións de Libera recolle uns 600 animais da rúa ao ano, é dicir que cada recollida de animal costa aos coruñeses uns 237 €, no que semella un claro exemplo de ineficiencia e de actividade lucrativa para unha empresa privada a costa das arcas municipais, en definitiva unha concesión estrambótica con beneficios estratosféricos, pois case sen actividade a empresa presentou nos tres últimos anos resultados favorables por importe de 34.000, 14.000 e 14.000 € apesares de que a dirección outorgase salarios inmorais, para a actividade que desenvolve.

César Santiso, denunciou a suba das taxas da canceira municipal mentres a persoa que xestiona a dita concesionaria cobra 46.156 € anuais, mais cun catedrático e que os deputados do parlamento galego. Así Santiso subliñou que unha vez máis, cada vez que investigamos a unha concesionaria municipal observamos como están a lucrarse a conta da cidadanía coruñesa coa complicidade dos distintos gobernos municipais.

Esquerda Unida reclama a revisión da concesión da canceira municipal para incrementar a súa transparencia e interese social, debido a opacidade con que se actúa nesta concesión, onde o 60% dos coruñeses e coruñesas non saben ni onde se atopan as instalacións, nin se ofrecen datos de recollida ou de sacrificio de animais, asemade a páxina web leva dende o 2008 practicamente sen actualizar, situación que pon de manifesto a desidia e falta de interese social da empresa concesionaria que non inviste nin un céntimo no desenvolvemento de campañas efectivas de tenza responsable e adopción de animais abandonados. Neste sentido Rubén Pérez indicou que a media de adopción noutras vilas como Donosti, Zaragoza ou Vitoria-Gasteiz supera o 70%, na Coruña non se chega a metade, fluctuando entre o 30-35% uns índices catastróficos no que considerou un “servizo de recollida de lixo máis que de protección animal.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará oralmente no Pleno ao goberno municipal si considera que se están a seguir os criterios de eficiencia e transparencia na xestión da canceira, para abrir un debate que permita modificar a concesión cara a acadar un traballo máis inclusivo da cidadanía cos animais.

 

Relacionados