Situación de Alimentos Lácteos SL

Santiago de Compostela, 16 maio de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) lamentou o pouco interese e a neglixencia que o goberno galego amosou ante a dramática situación que está atravesar a empresa Alimentos Lácteos SL na que o goberno galego opta por se lavar as mans despois de ter investidos máis de 8 millóns de euros das arcas públicas.

O deputado de AGE, Ramón Vázquez, esixiu ao goberno galego que asuma a súa responsabilidade pola súa mala xestión que desde os inicios impulsou un proxecto inviable polos seus elevados custes e a utilización partidaria que o PP fixo desta empresa na que introduciu aos seus afíns deixando fóra ao resto. “Unha empresa que en tan só tres anos acumulou unha débeda superior aos 15 millóns de euros e a que o goberno galego destinou máis de 9 millóns de euros públicos co que podería ser socio maioritario da mesma” destacou o deputado de AGE.

Alternativa Galega de Esquerda esixiu unha vez máis á Xunta de Galicia que interveña para evitar o desastre e tratar de recuperar os cartos públicos investidos.

 

Relacionados