Situación de exclusión social

EU de Ponteareas rexistrou esta mañá no Concello, unha solicitude na que expón que a situación de progresivo empobrecemento da poboación española, orixinada pola crise económica patente, na nosa contorna, nos datos do IGE do ano 2011 para as comarcas de O Condado, Paradanta e Baixo Miño, que sitúan o risco de exclusión social nun 39´6% e a taxa de risco de pobreza nun 33´7%.

Hai que ter en conta que estes datos son do 2011, polo que na actualidade se agravarían debido a recesión económica, e que o ámbito de referencia dos mesmos é demasiado amplo.

Non esquezamos que as políticas públicas para garantir os dereitos humanos dos veciños e veciñas debense sustentar en datos obxectivos da situación socioeconómica.

E por todo isto, precisamos os datos actualizados de:

1. Número de persoas en risco de exclusión social en Ponteareas.

2. Número de persoas en risco de pobreza en Ponteareas.

3. Número de persoas que viven en fogares con carencia material e carencia material severa en Ponteareas.

4. Número de persoas paradas  por sexos e idades en Ponteareas.

5. Taxa de paro por sexos e idades en Ponteareas.

6. Número de persoas solicitantes da Renda de Integración Social en Ponteareas.

 

7. Número de persoas solicitantes de axudas para a alimentación en Ponteareas.

Relacionados