Situación limite nos paradores

Unha vez rematado o período de Consultas do ERE e despois do acordo acadado na madrugada de hoxe entre a dirección da empresa pública Paradores de Turismo e o Comité Intercentros, Alternativa Galega de Esquerda considera que a situación límite en que a empresa puxo aos traballadores “contra a parede”, concretouse finalmente en mais recortes e despidos para os traballadores.

Concretamente 350 traballadores en todo o estado perderan o seu posto de traballo faltando por saber cales destes corresponden o Territorio Galego, que cobrarán 25 días por ano traballado cun máximo de 20 mensualidades. O resto dos empregados verá reducido o seu salario en función dos seus ingresos.

Outra medida adicional é a suspensión de contratos e as reducións de xornada mediante un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que afectará a 400 traballadores, ós que se lles aplicará unha reducción del 25% de la xornada de traballo.

O Parador de Monforte pechará no período de vacacións do persoal, os de Santo Estevo e Tui  pecharan 3 meses ao ano e os de Vilalba (edificio anexo) e Verín pecharan 4 meses. A isto temos que engadir a  eliminación dos servizos de Comedor nos Paradores de Ferrol, Monforte e Tui, unha medida que sen dúbida implicara mais trabas para o funcionamento destes Paradores.

Alternativa Galega de Esquerda considera inmoral que se lle rebaixe mais o salario aos traballadores, mentres se manteñen os millonarios ingresos dos directivos dunha empresa de carácter público e considera que as medidas impostas, rematarán por conseguir a falta de viabilidade dos Paradores como paso previo para a súa privatización e venda a prezo de saldo.

Dende Alternativa Galega de Esquerda instamos ao Goberno da Xunta, para que actúe e se dirixa oficialmente ao Goberno do Estado na defensa duns establecementos claves para o sector turístico Galego.

 

Relacionados