A día de hoxe as praias de Ferrol non contan cun servizo de socorristas polo que non ondea bandeira azul en ningunha delas e, o que é peor, a poboación vive nunha situación de risco permanente da que o goberno será o último responsable.
Segundo Javier Galán o Concello volve a caer no erro de entregar a terceiras empresas unha xestión que podería perfectamente facerse mediante contratación directa, cun control máis directo do servizo, cunhas condicións laborais dignas e profesionalizadas e sen perda de cartos públicos nunha intermediación de empresas privadas ou semipúblicas que antepoñen a rendibilidade económica á seguridade dos usuarios e usuarias das praias.

Javier Galán esixe do goberno municipal unha solución inmediata, cousa que xa foi pedida o pasado mércores en comisión informativa, así como a retirada da adxudicación a Tragsatec por incumprimento contractual e a xestión directa dende o Concello, coa contratación inmediata e baixo convenio dos cincuenta socorristas que foran seleccionados.