Sobre a Mesa do Parlamento

O portavoz, Xosé Manuel Beiras e a viceportavoz, Yolanda Díaz, explicaron esta tarde ante os medios de comunicación a súa postura ante a composición dos distintos órganos suliñando a importancia de que ningunha forza quede fora dos mesmos.

Ambos fixeron un chamamento á cidadanía a sumarse a folga xeral de mañán 14 de novembro para berrar contra a barbarie que se está a exercer desde o Goberno que supón un golpe de norte ao estado de Benestar e os dereitos dos cidadáns

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2012.- A viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, arrancou o encontro cos medios de comunicación esta tarde facendo un chamamento á cidadanía a participar na folga xeral convocada para mañán mércores 14 de novembro anunciando a súa presencia e a do propio portavoz, Xosé Manuel Beiras, na manifestación que terá lugar mañán en Vigo. “Estamos ante un golpe de norte ao estado do benestar polo que mañán hai que saír a rúa e berrar contra a infamia deste sistema voraz” explicou Yolanda Díaz.

 

A continuación da súa intervención o portavoz, Xosé Manuel Beiras, centrou a atención no tema principal da rolda de prensa na que informouse da posición de Alternativa Galega de Esquerda de cara a constitución e composición da Mesa do Parlamento. Beiras destacou o compromiso da súa formación co electorado de introducir unha nova cultura política no Parlamento e de defender os dereitos dos cidadáns.

Así, en relación ao tema da composición da Mesa do Parlamento, Alternativa Galega de Esquerda como solución para lograr que todos os grupos con presenza parlamentaria aparezan reflectidos neste organismo, propón a ampliación de 5 a 7 membros co que o PP mantería a maoiría con 4 mebros e as otras tres formas políticas con presenza parlamentaria (PSOE, Alternativa Galega de Esquerda e BNG) contarían cun presentante cada unha delas. Esta ampliación se levaría a cabo sen incremento do custe xa que o que se propón é manter a asignación actual para a Mesa do Parlamento pese a ampliación de membros. “Con esta solución o PP non ten excusa non pode recurrir ao tema da austeridade xa que non suporía incremento económico algún” incidiu Beiras.

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda explicou que de non ser así plantexase o problema de que o Partido Popular poda monipolizar a Mesa ao ter a posibilidade de repartir os votos e elexir só representantes da súa formación al tener más del doble de diputados que el PSdeG por lo que de dividir sus escaños podría hacer que los cinco representantes fueran del PP.

Beiras asegurou que Alternativa Galega de Esquerda “non vai participar en espectáculos” engadindo que “alá eles” referindose a PP y PSdeG se finalmente optan por non ceder e manter un reparto de 3 representantes para o PP e 2 para o PSOE.

O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda referiuse así mesmo a constitución das mesas das comisión parlamentarias cun reparto dos 14 membros de: 8 para o PP, 3 para o PsdeG, 2 para Alternativa Galega de Esquerda e un para o BNG. Beiras referiuse ao ‘ruxe ruxe’ sobre a posible reducción do número de componentes pasando de 14 a 12 “unha ve máis tomando por excusa a austeridade” pero a verdade é outra xa que “non hai pretextos e se queren esganar á oposición, entón que se preparen” advertiu.

A viceportavoz Yolanda Díaz salientou pola súa banda que “os órganos parlamentarios non poden quedar secuestrados polos partidos do réxime e do bipartidismo” polo que amosou a súa confianza en que tanto a Mesa do Parlamento como o resto de órganos conte con representación das catro forzas con presencia no Parlamento de Galicia.

 

Relacionados