Santiago de Compostela, 16 de agosto 2013.- O pasado 4 de Agosto, durante o chamado “pregón taurino” na cidade da Coruña, o autor dun libro cualificou aos cidadáns que rexeitan as touradas como un movemento con “principios neonazis”, unha afirmación que, ademáis de carecer de toda lóxica, pretende xerar unha opinión distorsionada do traballo que diferentes colectivos realizan no territorio galego.
Ademáis, o 9 de Agosto este mesmo libro e o seu autor tiveron oco no Pazo das Mendoza, dependente da Deputación de Pontevedra e contou coa participación de cargos públicos como o propio presidente, o señor Louzán, e do alcalde do Grove. O feito de que cargos que deberían representar a todos os cidadáns e cidadás contribúan e den espazo a esta clase de aseveracións supón unha grave falta de respeto e unha burla cara a Sociedade civil.
Diferentes enquisas, como por exemplo a elaborada polo Ministerio de Cultura (Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais) amosan como o 99,2% da cidadanía galega non asiste a festexos taurinos, por tanto semella que a única opción que lles queda aos aficionados e a esta clase de “ultras taurinos” é descualificar o traballo de organizacións e cidadáns activos. Inxurias baseadas nun contexto histórico que suporían repercusións civís e penais noutros Estados europeos.
Nun sistema democrático como insiten en chamar resulta dunha indignidade supina que alguén se atreva a chamar “neonazi”, con todas as connotacións que ten esta ideoloxía a persoas que rexeitan o maltrato animal e que o mesmo en forma de tourada reciba cartos públicos.
Desde Alternativa Galega de Esquerda queren amosar o seu apoio ao movemento abolicionista galego, con organizacións como a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas que só ofrece leccións de auténtica democracia e de fomento da participación cidadá e do tecido asociativo fronte aos insultos, ameazas e descualificacións dun bando que tenta protexer un negocio baseado na tortura e morte dun ser vivo.
Por todo isto, Alternativa Galega de Esquerda, formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral en comisión se o goberno galego ten previsto reprobar a participación de cargos públicos do PP neste tipo de eventos, se vai a tomar algunha medida fronte a aseveracións que escapan do dereito á liberdade de expresión e por último, se a Xunta ten previsto impulsar o veto de subsidios a festexos taurinos do propio goberno galego.






