Sobre o dique flotante de Ferrol

Javier Galán lembra que as gradas están baleiras e os despedimentos de traballadores continúan namentras o Ministerio e a SEPI deixan correr os días sen importarlles ren a situación dramática da comarca. Semella un escándalo social esta pasividade ministerial.

Esquerda Unida chama a atención das administracións públicas que goberna en exclusiva o PP acerca da insostible situación social e de desemprego que se deriva da tardanza en tomar decisións que o noso Grupo Municipal como a grande  maioría da sociedade ferrolán reclama hai moitos meses. En concreto rematando 2009, EU presentara a primeira emenda aos orzamentos do Estado para conquerir este investimento produtivo.

EU vai rexistrar unha petición urxente no Congreso dos Deputados para pedir  a comparecencia dos responsables ministeriais e da Sepi de xeito que poidan en sede parlamentaria definir os criterios que van rexer para poder construír o dique flotante.

Dique flotante que para Esquerda Unida ten que ter un compromiso de construción inmediato e debe contar con financiamento público.

No pasivo da herdanza que deixa o goberno de Núñez Feijóo quedan os anuncios de fume con acento mexicano así como a negativa a incoporar nos orzamentos da Xunta un partida orzamentaria para construír o dique flotante. Así como o pretendido gran centro de reparacións do naval nas instalacións de Astano. Queda un pasivo de mentiras e incumprimentos e a súa secuela de paro e devastación social.

 

 

 

Relacionados