Solicitude asistencia Plenos

Dende novembro de 2011 esta actividade víñase realizando sen especiais trabas por parte do Concello, pero co aumento da conflitividade social, en boa medida polas políticas e actitudes do PP, este hábito democrático estase vende coartado nos últimos Plenos.

Pois ao noso representante, Vicente Vázquez, no Pleno ordinario de decembro, como a Xabier Ron e Vicente Vázquez no extraordinario de xaneiro e novamente a Vicente Vázquez no Pleno ordinario de xaneiro, impedíuselle a entrada por parte da policía local baixo o pretexto, sen certificación escrita de por medio, de que o aforo do Pleno estaba completo.

Sen negar a importancia de que os medios de comunicación acudan aos Plenos, escusa utilizada pola policía local en xaneiro para xustificar que ningunha persoa entrara, non é admisible que a cidadanía que así o desexe teña vetada a súa presenza.

E o que tamén consideramos inadmisible, senón ilegal, foi o ocorrido no Pleno do mes de decembro pois o alcalde, Ángel Currás, debido á protesta das persoas estafadas con preferentes impediu a entrada á cidadanía, tendo que, para evitar problemas, deixar pasar a cinco persoas, ningunha máis, pois según o seu xefe de gabinete non había máis sitio, mentira desmontada por concelleiros asistente ao Pleno que certificaron ao noso representante, Vicente Vázquez, que en todo momento da sesión plenaria había sitios baleiros.

Por estes motivos, e dado que representamos a unha organización política con forte respaldo social tanto a nivel estatal, autonómico e local.

SOLICITA:

1º) Que no próximo Pleno ordinario, do 28 de febreiro, o noso representante, Vicente Vázquez Freire, con DNI 44827095A, teña a posibilidade de asistir como público á sesión plenaria

2º) En caso de que o aforo este completo, e debidamente notificado, se habilite tanto para o noso representante, Vicente Vázquez Freire con DNI 44827095A, como para calquera outra persoa que o solicite, unha estancia no Concelllo na que seguir a sesión plenaria integramente a través dunha pantalla de televisión.

Relacionados