Solicitude de subvención

 

As propostas que faí o concelleiro de obras para executar no 2010 deben vir reflectidas na proposta de orzamento que faí o Alcalde, non como sucede con esta obra.

No ano 2009, esta obra recibeu unha subvención de Deputación (dentro do mesmo programa) de 17.992€, decidíndose co voto en contra do noso grupo cambear o obxecto da subvención por non ter comtemplado nos orzamentos municipais cartos para executar a obra, en vez de facer unha modificación de crédito nos orzamentos o que houbera permitido facer a obra.

Na derradeira comisión de obras, a proposta do concelleiro de obras é  solicitar a mesma obra dentro do mesmo programa de Deputación, é unha vez máis nos atopamos que no borrador dos orzamentos municipais presentado polo Alcalde non hai ningunha partida para a execución desta obra.

Dende o noso grupo municipal, solicitamos diálogo dentro do grupo de goberno para que non se repitan estas situación de descoordinación e unha modificación no borrador de orzamentos presentado polo Alcalde no que se inclúa unha partida específica para esta obra,proposta polo concelleiro de obras e votada a favor por tódolos grupos municipais, que permita executar a mesma si a Deputación Provincial volta a facer unha aportación económica no ano 2010 atendendo a petición de subvención realizada polo concello.

Para o noso grupo municipal, ampliar o servicio de abastecemento de auga potable nas parroquias é un compromiso ineludible para a corporación municipal, así recordar que esta mesma obra foi proposta polo noso grupo municipal no POS Adicional para o ano 2010, recabando os votos contrarios do goberno municipal, quedando polo tanto excluída do programa.

Relacionados