Solicitude informes municipais

Estes informes, de vital importancia para a avaliación do PXOM, non se atopan expostos públicamente, aínda que sí están a disposición dos grupos da corporación municipal.

Dende Esquerda Unida, consideramos que para a adecuada valoración do  PXOM de Ponteareas, os veciños deben contar con toda a información posible con respecto ao planeamento, información que estará incompleta se non se da a posibilidade de acceder aos informes técnicos municipais.

Por isto, Esquerda Unida solicitou ao Alcalde de Ponteareas que lle facilite a esta organización copia dos informes municipais, así como tamén que o Concello expoña ao público ditos informes.

Relacionados