Solicitude mina Corcoesto

O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda  solicita toda a información relativa ao proxecto da mina de Corcoesto.

· Os membros do Grupo Parlamentar  reuníronse onte con membros da Plataforma pola Defensa de Corcoesto quenes lles transmitiron a súa preocupación polo proxecto de extracción de ouro e as súas consecuencias sociais e ambientais

Santiago de Compostela, 28 novembro de 2012.- O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañán no Rexistro do Parlamento de Galicia unha petición de información na que se pedía en primeiro lugar que se inste a Consellería de Industria da Xunta de Galicia para que facilite toda a documentación relacionada co proxecto estratéxico industrial da mina a ceo aberto na localidade de Corcoesto.

Así mesmo solicitouse que se adxunte compia de todas as alegacións formuladas até o momento e que se requiera ao Concello de Cabana a calificación urbanística respecto do solo no que se vai desenvolver o proxecto estratéxico.

O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda solicitou que se trasladen todos os informes de todas as consellerías implicadas aprobando ou rexeitando o proxecto, ademáis do estado das tres concesións mineiras e a declaración de impacto ambiental do proxecto de mina.

Na tarde de onte membros da Plataforma pola Defensa de Corcoesto reuníronse co Grupo Parlamentar de Alterantiva Galega de Esquerda, reunión na que transmitiron a súa preocupación polo proxecto de extracción de ouro, e as súas consecuencias sociais e ambientais.

A Plataforma considera que os sacrificios que suporá para a zona non son compensados polos reducidos beneficios en forma de postos de traballo, que traerá o proxecto nos seus trece anos de vida útil, e que en cambio afectarán a outros sectores coma o gandeiro ou o turístico.

Alternativa Galega de Esquerda considera que este proxecto é paradigmatico do modelo estilo “Bienvenido Mister Marshall” do PP, onde unha empresa explota uns poucoa anos os recursos naturais galegos a cambio de man de obra barata e dunhas leis ambientais máis permisivas que no resto de Europa.

Esto está lonxe de ser un modelo baseado no coñecemento e a innovación, e é simplemente un expolio dos nosos recursos.

Cando rematen estes escasos 11 anos a empresa deixará tras de sí un buraco de enormes dimensións,contaminación e perxuízos ao sector turístico e aos recursos naturais.

O Grupo de AGE comprometeuse a facer unha laboura parlamentar de control e oposición deste tema e en xeral dos proxectos similares que salpican o noso territorio que materiolizouse esta misma mañá coa presentación deste escrito no que se require toda a información ao respecto do proxecto estratéxico industrial da mina a ceo aberto na localidade de Corcoesto.

 

Relacionados