Solidariedade e apoio a Chávez

A devandita carta será entregada hoxe sábado 15 de decembro ás 18 horas no Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela na rúa Velazquez Moreno nº 3 da cidade de Vigo.

Unha nutrida delegación dos asinantes trasladaranse dende diferentes lugares de Galicia para facerlle entrega á Cónsul Xeral Mónica Chacín Fuenmayor. Entre os asinantes mais destacados se encontran: Xosé Manuel Beiras (voceiro de Alternativa Galega de Esquerda), Xosé Luís Méndez Ferrín (presidente da RAG e escritor), Xesús Alonso Montero (catedrático e escritor), Mariano Abalo, secretario xeral da FPG, Óscar Lomba (Secretario Xeral de Unidade da Esquerda Galega), Lois Pérez Leira (Secretario Xeral de Nova esquerda Socialista), Anxo Angueira (poeta), Dario Xohan Cabana (Escritor), Ricardo Castro (Secretario Xeral da CUT), Xose Manuel Pazos Varela (dramaturgo e ex-deputado autonómico), Manuel Camaño (Sindicalista), Ana Laura Pereira (cineasta galego-venezolana), Manuel Garrido (Sindicalista), Franklin Méndez (Artista plástico); Chelo Martinez (deputada AGE), Juan Fajardo (deputado AGE), Gabriel Martínez (avogado), Gustavo Luca de Tena (Xornalista), Eva Solla (deputada AGE) , Graciela Alba Burgos deseñadora grafica; etc

 

Relacionados