Solidariedade cadro persoal FIMO

 

Plan que impón o despedimento de varias persoas. Valga o exemplo o caso da traballadora da limpeza, unha traballadora con case vinte anos de antiguedade e que a Presidencia pretende despedir para subcontratar o servizo de limpeza. Nada novo, xa o fixo co servizo de vixiancia substituído por videocámaras; námbolos dous casos pérdese emprego e calidade de servizo e custan máis cartos a prestación dos devanditos servizos.

 

Esquerda Unida quere lembrarlle á alcaldía que a achega de cartos públicos que fai o concello para FIMO, 290.000 euros anuais, autoriza ao concello a ter unha actitude activa e protagonista na resolución dunha crise en FIMO, crise que non é outra que a mala xestión da Presidencia deste consorcio. Crise que non poden pagar as traballadoras e traballadores, que non son responsables en absoluto. Crise que tense que abordar tamén por parte do concello, partenaire deste consorcio, median a convocatoria urxente dunha Xunta de Voceiros, órgano cuxa convocatoria reclamamos con urxencia.

 

Cónstanos a disposición da plantilla a afrontar sacrificios para garantir o porvir de FIMO (este Grupo Municipal mantén unha interlocución constante con ela), pero queremos chamar  atención acerca da mala xestión da Presidencia, que chegada coa aureola da boa xestión leva dando bandazos, con batallas internas e falla dunha xestión eficiente dos recursos públicos que se poñen ao seu dispor, e coa determinación prexuizada – anunciada dende a súa chegada – de desfacerse da actual plantilla.

 

Non vale recortar salarios e despedir persoal como solución. FIMO ten outra vía de saída, que pasa pola negociación e acordo, coa implicación do concello, que aporta unha parte fundamental dos recursos económicos deste consorcio.Xa que logo, o Grupo Municipal formula a demanda de que sexa alcaldía a que interveña e bote o peso da autoridade pública para achar unha fórmula de compromiso que garanta o emprego e dote ao consorcio de viabilidade económica, recuperando o seu carácter  de elemento dinamizador da vida económica deste territorio, como antano. Para elo pedimos unha Xunta de Voceiros urxente que aborde a situación conflitiva creada pola Presidencia e outorgue garantías ao cadro de persoal.

 

Yolanda Díaz demanda ao alcalde que interveña para garantir o emprego e defender ás traballadoras e traballadores e convoque unha xunta de voceiros para abordar a situación.

Relacionados