Esquerda Unida solidarízase coa entidade diante das ocorrencias e improvisacións, que son en último extremo ataques do Goberno do PP ao Ateneo, que teiman en desfacer pola porta de atrás o efecto beneficioso da reforma do inmoble que acubilla ao Ateneo.
A reforma se acordou no mandato pasado e tiña como motor a necesidade de gañar espazo para as actividades culturais do Ateneo, asemade de subsanar as deficiencias que padecía o inmoble, caso das goteiras que de xeito recorrente padecía a entidade cultural. Entidade que sempre mantivo e mantén unha política de colaboración con calquera actividade cultural e social para a que se lle pida colaboración.
Non se poden lanzar ocorrencias cando xusto de van recepcionar as obras, circunstancia que terá lugar mañán e sen ter na cabeza nin un plan de usos para un inmoble que pasaría a ser utilizado por varias entidades con conceptos e actividades alomenos marcademente diferentes.
Esquerda Unida demándalle ao Goberno do PP que cese nesa escalada de ocorrencias e ataques sobre unha entidade cultural centenaria. O Ateneo ten unha programación e un enfoque cultural propios e necesita do espazo que viña utilizando. Remexer nun espazo insuficiente a entidades cun perfil propio e concepcións marcadamente diferentes da cultura somentes pode ser ou unha ocorrencia froito de non ter reflexionado sobre a cuestión ou un ataque a unha entidade que non é do agrado do goberno do PP pola súa concepción da cultura e as súas intervencións no eido social. O Ateneo constitúe un patrimonio de todas e todos os ferroláns pola súa vocación democrática, social e emancipadora, que transmite as súas actividades na nosa comunidade.
O pretendido aforro que se esgrime non sería tal, porque entre outras habería que acometer obras dado que os andares segundo e baixo serían empregados por outras entidades, sendo á súa vez espazos onde se garda patrimonio documental, bibliográfico e artístico.
A descoordinación entre urbanismo e cultura semella marca de fábrica dun mal goberno, que é o que padece a nosa cidade. Yolanda Díaz interveu hoxe na comisión urbanismo para comprobar como o concelleiro de urbanismo pasáballe a pelota ao de cultura. Este Grupo Municipal pregúntase cantas reunión de traballo ou alomenos conversas houbo no goberno para lanzar esta ocorrencia. Un contenedor cultural é unha cousa e o perfil e actividades dun Ateneo é outra ben distinta e conviría que tal distinción se coñecera no Goberno Municipal.
Semella que xa a concellería de cultura ten aberto conflitos abondo con entidades culturais da cidade como para deixar de botar lume ao fogo dunha mala xestión con ocorrencias improvisadas.