Solidariedade co cadro de persoal de Tecnymo

 

Javier Galán salienta que unha vez máis en tempos de crise a corda rómpese pola parte da clase traballadora. “É inaceptable que a parte empresarial rompa os compromisos adquiridos  de xeito unilateral, todo elo nun contexto que ten un nome ben feo, o da fraude de lei, unha precariedade exacerbada, e a deixación de responsabilidades por parte dos organismos públicos obrigados a velar pola legalidade da lexislación laboral”, nas verbas de Javier Galán, que significou que unha empresa pública como Navantia  non debe aceptar estas situacións da facto.

 

A nosa organización reclama das administracións públicas, inspección de traballo e Ministerio o fin da impunidade empresarial, que fai que se poidan dar situacións do tipo das denunciadas pola plantilla: traballadores que levan 10 anos vencellados a empresa e que continúan con contratos temporais.

 

Impunidade empresarial que semella non ter acougo dado que as formulacións que enuncian son as de profundizar nesa deriva, coa compracencia e apoio dos grandes partidos, PP e PSOE, xunto os das burguesías basca e catalana. Esquerda Unida afirma o seu firme compromiso na procura dunha política laboral e de emprego alternativas que poñan o fincapé na defensa e ampliacións dos dereitos da clase traballadora.

Relacionados