Solidariedade co Castrillón

 

Diante deste silencio Esquerda Unida considera que o goberno municipal pretende rachar o tecido asociativo coruñés obviando a asociacións emblemáticas como a do Castrillón, no que constitúe a constatación da falta de interese do goberno do PP en materia de participación cidadá, a pesares que durante a campaña electoral ao alcalde enchíase a boca falando de diálogo cos veciños.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solidarízase cos veciños do Castrillón pechados no centro cívico do seu barrio para demandar que o goberno municipal os reciba logo de solicitalo en numerosas ocasións durante oito meses. Semella indignante que barrios con déficit en desenvolvemento, mobilidade, equipamento e mantemento, nin tan sequera sexan recibidos polo Goberno local, máis aínda cando o propio PP paralizou a construción do complexo polideportivo xa comprometido.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, que visitará aos pechados ás 19:00 h. do venres, indicou “xa que o goberno municipal obvia á veciñanza do Castrillón, poñemos o noso grupo municipal a súa disposición para transmitir as súas demandas ao Concello.

 

César Santiso afirmou “en lugar de buscar unha participación cidadá aberta e democrática, o PP pretende tecer unha rede clientelista a través dos seus concelleiros de barrio”. Por iso dende Esquerda Unida solicitamos que o Goberno local consensue unha estrutura de participación cidadá real na que a función dos concelleiros de barrio sexa apoiar os procesos democráticos na toma de decisións da veciñanza mediante as Asembleas de barrio.

Relacionados