Solidariedade co pobo Saharaui

 

EU chama a cidadanía para que amose a solidariedade para co pobo saharauí e se mobilice contra a violencia, a represión e os atropelos que o goberno de Marrocos está a cometer.

EU considera lamentable o silencio do Goberno de España diante da violenta actitude do Goberno marroquí, que está a violar sistematicamente os dereitos do pobo saharauí e as resolucións da ONU, actuando con total impunidade baixo a absoluta complicidade dos gobernos da Unión Europea e de España.

 

Xa que logo, EU esixe, tanto ao Goberno do PSOE como as autoridades da Unión Europea, unha resposta inmediata para frear a catástofre humanitaria que se está a producir no Aiún.

 

Esquerda Unida rexeita o ataque das forzas policiais e militares de Marrocos sobre o indefenso pobo saharauí que supuxo nestes días o desmantelamento violento do Campamento da Dignidade, e considera que responde a un intento de bloqueo as conversacións que están a desenvolverse baixo supervisións de Nacións Unidas entre Fronte Polisaria e Marrocos de cara ao avance no dereito de autodeterminación do pobo saharauí.

 

Nestas datas impediuse ao eurodeputado de Esquerda Unida, Willy Meyer, o acceso ao Campamento Dignidade nunha tentativa máis por agochar a violencia e represión que se lle inflixe aos loitadores saharauís pola liberdade. O eurodeputado de EU recordou que Europa debe revisar de inmediato o acordo de asociación asinado con Marrocos, xa que inclúe unha cláusula que esixe a este Estado o cumprimento do Dereito Internacional e o absoluto respecto aos dereitos humanos.

 
Esquerda Unida
chama a cidadanía para que amose a solidadiedade para co pobo saharauí e se mobilice contra a violencia, a represión e os atropelos que o Goberno de Marrocos está a cometer.

Relacionados