Solidariedade con Fernando

Estaban casi todos os feitos centrados nun intento de acoso contra a persoa de Fernando Miramontes. Tamén , recentemente,  medios de prensa de Ferrol fixéronse eco destas accións e relatáronos.

Diante da confirmación por parte do noso compañeiro Fernando Miramontes dos feitos relacionados o grupo municipal de Esquerda Unida así como o Consello Local da organización queren facer público mediante comunicado formal:

A condena dos feitos dos que foi vítima o noso compañeiro Fernando Miramontes.

A nosa solidariedade con Fernando e a súa familia, militantes de Esquerda Unida e do Partido Comunista dende hai décadas e sobranceiros na loita antifascista e polas liberdades.

Neste sentido , o da loita antifascista, queremos facer un chamamento a todas as forzas democráticas para promover unha fronte común que reforce o cordón sanitario necesario perante a violencia fascista e as súas campañas de intimidación sexan estas locais ou nacionais. A estratexia da extrema dereita europea ( española,grega ou francesa) combina accións de gran repercusión nacional con actos simbólicos no local . Cómpre non perder o norte diante dos enemigos da democracia e as liberdades; os de onte e os de hoxe ,que son os mesmos.

O Consello Local de Esquerda Unida e o seu grupo  municipal queren manifestar, por último, que continúan e continuarán sen pausa o seu traballo  tratando de organizar  aos/as traballadores/as na loita política sobre a base das firmes conviccións que nos caracterizan como organización. Nisto, como en tantas cousas, é Fernando unha referencia e guía. Tamén na dignidade como persona e na súa valía como militante.Sentímonos e sentirémonos sempre orgullosos de telo como compañeiro.

Relacionados