Solidariedade con traballadores de “A Peneira”

 

Esquerda Unida considera inaceptable a actuación do empresario Guillermo Rodríguez quen xustifica a medida alegando problemas económicos,  con todo, non dubidou en recrutar a novo persoal que está a  traballar nas oficinas do xornal. A empresa segue a súa actividade e acaba de sacar á rúa un novo número do xornal con outros traballadores distintos. 

 

Ante esta situación os afectados teñen interpostas as correspondentes demandas contra A Peneira e califican o trato recibido dende a dirección do xornal como de lamentable e humillante despois do traballo realizado durante un lustro que supuxo unha notable melloría na calidade dos productos, segundo indican dende o sindicato CUT.

 

Esquerda Unida espera que, ante as demandas interpostas polos traballadores e traballadoras, recaia todo o peso da lei sobre O Xornal a Peneira na maior brevidade de tempo e, xa que logo, o faio teña a suficiente dureza e severidade que se merece unha actitude como a acontecida, pois resulta lamentable que as empresas desenvolvan este tipo de prácticas.

 

EU considera que este tipo de accións empresarias son as consecuencias do voto útil, pois xorden diante a indefensión na que se atopa a clase traballadora diante da falta dunha lexislación que a defenda de verdade. Pois o Goberno do PSOE, lonxe de desenvolver leis a prol dos traballadores e traballadoras está a lexislar a favor das empresas e do capital, como queda de manifesto na reforma laboral.  

 

Asemade, Esquerda Unida esíxelle ao empresario que pague inmediatamente as débedas que ten contraídas cos traballadores e traballadoras.

Relacionados