Esta situación é consecuencia da continua represión á que este goberno nos está a someter, e que en este caso deriva na desproporcionada petición de condena de ata 5 anos de cárcere para uns mozos que saíron á rúa en defensa dun ensino público e de calidade, e que agora son acusados dun delito contra a orde pública.
Dende Esquerda Unida, queremos manifestar a nosa solidariedade cos mozos que mañá serán sometidos a un xuízo de criminalización da protesta, que pretende un castigo desproporcionado co obxecto de reducir a resposta civil ante o exterminio de dereitos que o goberno do PP está a aplicar.