Solidariedade cos veciños de Canido

Nunha mostra do nulo respecto polos dereitos da cidadanía (entre os que se atopan os de reunión e manifestación), a reacción do Goberno foi atrincheirarse co peche da entrada principal do concello.

Intolerancia do Goberno Municipal como resposta á propia incompetencia dese mesmo Goberno para xestionar a realización das obras en Canido; intolerancia e incompetencia que teñen que rematar de inmediato. Esquerda Unida quere lembrarlle ao Goberno que a súa única razón de ser é a de resolver as cuestións e problemas da veciñanza. 

 

Esquerda Unida entende indispensable e así urximos ao concelleiro de urbanismo a que se presente de inmediato un cronograma veraz  das obras e actuacións pendentes no barrio de Canido, de xeito que se peche esta incertidume e se acometan o conxunto das actuacións pendentes dando satisfacción ás xustas demandas veciñais.  Non pode ser tanta a indiferenza e desleixo  do Goberno que non lles permita atender esta demanda racional que formulamos e que busca axudar á resolución do conflito.

 

O noso Grupo tamén demanda que se sancione á empresa que tiña a responsabilidade de acometer as obras polos seus numerosos incumprimentos dos pregos de contratación: non pode ser que mentir á veciñanza saia gratis. As empresas ineficaces e os políticos compracentes con elas teñen que sufrir a sanción popular en forma de protestas e teñen que rectificar.

Relacionados