Solidariedade fábrica de armas

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “si realmente hai peche de filas, como indica o voceiro do goberno municipal, que o demostre o públicamente o Ministerio de Defensa avanzando as medidas que tomará contra a multinacional ianqui”, porque non cabe dúbida de que a empresa é totalmente viable diversificando a súa produción cara a usos civís. Semella fundamental explorar todas as posibilidades existentes para evitar o despedimento dos 174 traballadores e traballadoras e a perda dunha empresa punteira en tecnoloxía e en investigación, desenvolvemento e novación (I+D+i) dispoñendo incluso convenios de colaboración coa propia Universidade.

César Santiso subliñou que “o PP galego e coruñés presumen de músculo a nivel estatal, mais o goberno rajoy está a obviar as peticións de Concello e Xunta, de manterse esta situación tanto Feijoo como Negreira quedaran desacréditados”.

Esquerda Unida esixe ao goberno central un rexeitamento contundente diante da actitude chantaxista de General Dynamics e insiste en que a única vía para evitar o peche da Fábrica de Armas pasa porque o goberno do Estado exerza presión sobre a multinacional americana en base a considerar a súa actividade de interese nacional. Do contrario Rajoy estará a demostrar a súa covardía diante do grande capital, pois a actuación de General Dynamics non é máis que unha represalia pola redución de pedidos e a cancelación do contrato de blindados por non cubrir as condicións técnicas. Asemade non debemos esquecer que esta empresa, que obtivo grandes beneficios grazas á privatización de Santa Bárbara en épocas de Aznar, é subministradora de armamento ao Ministerio de Defensa polo que o goberno central ten ferramentas máis que suficientes para presionar á empresa ianqui, e no caso de que a empresa non rectifique a súa actitude, o goberno debe proceder a recuperar Santa Bárbara para o Estado, en base a que a defensa é de interese nacional.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solidarizase co cadro de persoal da fabrica de armas que se atopa pechado nas instalacións na procura de evitar o seu peche e bríndalle unha vez máis todo o seu apoio na súa loita que é a de todos os coruñeses e coruñesas.

Relacionados