Solidariedade poligal

Son xa moitos os esforzos que levan feitos as traballadoras e traballadores da planta para garantir a viabilidade económica. Non semella xusta nin proporcionada a nova esixencia da parte empresarial.

Non hai xustiza en que unha empresa viable se sume de xeito oportunista ao carro dos  brutais recortes contra os responsables do seu bo funcionamento, que non son outros que a propia  plantilla de traballadores. A brutal redución da masa salarial, a eliminación de pluses e complementos, a supresión da quinta quenda e de xornada supoñen un expediente brutal e inxusto. Esquerda Unida quere denunciar esta situación e sinalar que cómpre que se derrogue a lexislación excepcional que o PP pon nas mans dos empresarios para coaccionar e empeorar as condicións de vida das traballadoras e traballadores.

Como ben sinala a representación sindical dos traballadores o fundamental da débeda contraída e somentes cun so cliente e non se imputa á comercializadora senón na conta de resultados de Poligal. Ten esta asignación contable moito de tramposo para desta maneira proceder a un brutal recorte ao abeiro da lexislación laboral de excepción decretada polo PP.

Cada novo golpe dado contra as condicións materiais de vida dos traballadores supón un empobrecemento xeral como sociedade ao deprimir ao consumo e acentuar a deriva de depresión económica. Outrosí, queremos facer notar a dureza da pretensión patronal e a súa radical inxustiza.

Xosé María Dobarro sinala que mediante o recurso o creto público non habería problema algún para darlle seguridade e continuidade á empresa: “A banca pública e o artellamento dun novo marco de relacións laborais favorables ás persoas traballadoras constitúe unha urxencia  no quefacer político e social de Esquerda Unida.”

 

Relacionados