Solidariedade traballadores do mar

 

Agora como entón, o colectivo das mariscadoras e mariscadores forma parte da razón e da xustiza e conta coa nosa solidareidade, sina Suso Basterrechea, coordinador local de EU, diante das vindeiras actuacións xudiciais.

 

Temos o convencemento de que somentes a absolución fará xustiza a un colectivo que entón defendeu os seus postos de traballo e o interese xeral  ao enfrontar a entrada de gaseiros para que Reganosa fixera negocio a costa de pór en risco a nosa vida e a riqueza natural da ría.

 

Abondan as ocasións nas que son tratados como o elo feble da cidadanía que loita polos seus dereitos e non o merecen, cando traballan duro nun sector da produción descoidado polas administracións, que incumpren de xeito reiterado o calendario para sanear a nosa ría, o pan dos seus cativos.

 

Esquerda Unida compromete o seu apoio ás iniciativas chamadas a acelerar o proceso de saneamento da ría, que supón o prerrequeisito para garantir a creación de emprego e de riqueza asociada ás actividades extractivas.

 

Relacionados