Por parte de CCOO participou o secretario xeral da Federación de Servizos a Cidadanía, Ramiro Otero e o representante dos traballadores en Alvedro, Alejandro Ruca, mentres que por EU-V participou o voceiro do grupo municipal, César Santiso.
Iniciou a rolda de prensa Ramiro Otero que expuxo a situación na que se atopa a aroliña, que deixa nunha situación de incerteza a centos de traballadores no conxunto do Estado e, concretamente a 32 na Coruña. Otero subliñou que a compañía estaba participada polo Generalitat catalana e afondou na necesidade de facer un mellor control tanto dos cartos públicos como das subvencións que reciben as compañías aéreas, para evitar que desaparezan servizos a cidadanía.
De seguido tomou a palabra César Santiso quen expresou que Esquerda Unida solidarizase cos traballadores de Spainair e brinda o seu apoio para resolver a situación da mellor maneira posíbel.
Xa que logo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentará unha moción no vindeiro Pleno para instar ao Goberno municipal a que desenvolva as xestións necesarias para que os traballadores de Spanair no aeroporto da Coruña manteñan o seu posto de traballo nas empresas que substitúan a Spainair.
Porque como indicou César Santiso “estamos a falar de 32 traballadores e traballadoras que poden perder o seu posto de traballo, 32 novos dramas familiares que dende os poderes públicos debemos evitar”.
Finalmente tomou a palabra Alejandro Ruca quen indico que “o que pedimos os traballadores e traballadoras de Spanair no Aeroporto da Coruña e que se garante dalgunha maneira a continuidade dos nosos postos de traballo dentro das empresas que veñan a asumir o baleiro que a nosa compañía deixou neste aeroporto, aproveitando así os recursos humanos que tiña Spanair no aeroporto da Coruña”.