Solidariedade traballadores SprilNorte

EREs e despedimentos se suceden en cascada, coa connivencia e cooperación necesaria de Navantia, que deriva ao cadro de persoal da empresa principal á tarefas que son unha verdadeira usurpación dos traballos propios da industria auxiliar.

Os traballadores de Spril Norte, como antes os de Clece ou Gabadi, unha empresa con beneficios e contrato con Navantia ata xuño de 2015 ven como se lles denega o paso o estaleiro dun día para otro, sen tan sequera empezar a negociar o ERE presentado pola empresa, que prevé o despedimento de 34 traballadores dunha empresa de 77.

Este feito, no que Navantia actúa contra os traballadores que prestan servizos esenciais (extinción de lumes e emerxencias), é un chanzo máis da folla de ruta do novo modelo que o Partido Popular, cun alcalde silente, pretende para o sector naval público: política de baleirado de gradas que abra a porta á privatización, reestruturación a través da liquidación das empresas auxiliares e, para substituílas polo recurso a empresas de traballo temporal en réxime de semi-escravitude e a mobilidade funcional dos traballadores da principal,  co fin de paliar o marasmo financeiro debido á falta de carga de traballo dos últimos anos, responsabilidade política que a Xustiza debería depurar.

Detrás desta actuación ilegal e violenta contra os traballadores, a resposta debe estar na rúa, e por iso, Esquerda Unida chama á militancia e simpatizantes a mostrar a súa solidaridade cos traballadores de Spril Norte, mañá ás seis da mañá na porta do estaleiro, que en definitiva non é máis que reivindicar que Ferrolterra non caia definitivamente no pechado por derrubo a causa das políticas contra o público e contra a industria do Partido Popular.

Por outra banda, nas institucións, no Parlamento de Galicia, vemos de manter unha reunión co Presidente do Comité de Empresa de cara a presentar unha batería de iniciativas parlamentares co fin de que o Presidente Feijoo dea a cara e explique de onde lle nace a confianza en que o sector naval público rexurdirá das súas cinzas, sen ningún tipo de traballo político, confianza que pode ser asimilada a que ten na nosa comarca, que non se atreve a pisar, denegando unha e outra vez reunións cos sindicatos de clase de Ferrolterra ou sen acceder a invitación da vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, para visitar o deserto en que converteu Navantia Fene e Navantia Ferrol.

Relacionados