Solla acusa á Xunta de Galicia de ocultar os seus contratos coa multinacional Medtronic defendendo os intereses da empresa

Eva Solla vén de solicitar información e explicacións sobre a falla de resposta da Xunta de Galicia medinte unha pregunta ao Goberno presentada no pasado Pleno polo grupo parlamentario En Marea relativa a diversos contratos do Sergas cunha multinacional americana, información que fora denegada con anterioridade á asociación de pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, considerou “unha barbaridade” que o Goberno galego trate de ocultar información pública sobre como está a privatizar o servizo público de saúde do noso país.

“Estamos ante un feito realmente preocupante, é unha barbaridade que a Xunta de Galicia non acceda a facilitar información sobre esta nova privatización escudándose unha vez máis nos intereses dunha empresa privada incidindo aínda máis na opacidade da Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia, que continúa a incumprir a súa propia Lei de Transparencia”, sinalou Solla .

Ver a intervención dende aquí

Relacionados