Solla critica a “medida estrela” da Xunta de facer recortes e “duplicar a carga de traballo do persoal” para que saian as contas

“A situación na Atención Primaria é tan grave que as e os profesionais teñen que de convocar a primeira folga na historia deste país e non é porque o Conselleiro o está a facer tan ben”, dixo a vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, nada máis comezar a súa intervención desta mañá no Pleno, na que defendeu unha Proposición Non de Lei sobre medidas que doten aos centros de saúde e aos PACs e de máis persoal sanitario.

“O que precisamos é un Plan de Mellora da Atención Primaria, con orzamento suficiente, para resolver, en primeiro lugar, o Capítulo 1 de Persoal, pois houbo un sangrado de centos de traballadores e traballadoras sanitarias dende que chegaron á Xunta”, relatou a deputada, que tamén criticou a “medida estrela” da Xunta de recortar e obrigar á xente a traballar máis tempo, así como “duplicar a carga de traballo” para que saian as contas.

“Se todo fóra ben, non habería folga. Deberían recuperar as xerencias de Atención Primaria con orzamento e capacidade decisoria”, rematou Solla. Finalmente, Eva Solla pregunta ao Conselleiro se ten pensado solucionar as eivas na Atención Primaria ou se a Xunta vai incrementar o persoal dos PACs e dos centros de saúde para evitar que os centros queden desatendidos.

Ver a súa intervención dende aquí:

Relacionados