O Informe do Consello de Contas deixa ver que o gasto farmacéutico da Xunta de Galicia non está ben administrado, polo que a deputada de En Marea, Eva Solla, vén de preguntar na Comisión de Sanidade por que se están pagando “fármacos exclusivos” cando se poden, por exemplo, utilizar xenéricos.
Segundo explica Solla, “o gasto farmacéutico vai aumentando de manera paulatina nestes anos”, aínda que “non se trasladan exactamente as cifras que pedimos”. “Este informe constata irregularidades do gasto de farmacia e queremos que nos digades que ides facer en relación con esta opacidade”, ademáis, denuncia que “as farmaceuticas están presionando para comprar medicamentos non necesarios, así como pagar outras cousas que non se detallan, só mencionan, entre outros gastos, algúns como páxinas web”, polo que denuncia unha opacidade absoluta e unhas malas prácticas á hora de levar a contabilidade.
Ver o vídeo en: