Eva Solla, no Pleno: “Estamos nun contexto de desprotección da clase traballadora no seu posto de traballo”

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, vén de levar ao Pleno unha moción sobre saúde laboral na que insta ao Goberno a “elaborar un mapa real de enfermidades profesionais, así como estudar a situación do amianto en edificios públicos coa fin de planificar a súa retirada”.

Solla asegura que a situación de inseguridade no emprego e a exposición a tóxicos ten que ter unha resposta decidida por parte da Xunta, algo que a día de hoxe non se está a producir.

Por todo isto, para a deputada “estamos nun contexto de desprotección da clase traballadora no seu posto de traballo”.

Ver o vídeo dende aquí

Relacionados