🎥 Solla urxe á Xunta medidas para mellorar a situación das urxencias galegas

A voceira de Sanidade de En Marea, Eva Solla, vén de defender unha vez máis na comisión de Sanidade unha Proposición Non de Lei para ofrecer propostas para solventar a situación das urxencias no SERGAS.

A deputada de En Marea sinalou que “as urxencias do CHUS superan os tempos de atención nos servizos de urxencias. Temos un problema en como trasladan os pacientes de urxencias pendientes de cama tamén temos problemas derivados pola falta de persoal, polo peche de camas e polos incrementos das listas de agarda para probas”. Solla incidiu en que o aumento de persoal e de medios, que reclaman as e os profesionais, é fundamental, aínda que o Goberno galego segue sen dar paso algún para atender estas demandas ou acabar coa saturación nas urxencias que se da todo o ano.

Por todo isto, Solla insiste en “aprobar medidas que permitan mellorar a situación das urxencias en Galicia: incrementando profesionais, abrindo plantas e camas pechas e recuperando as prazas amortizadas”, cita. Por último, a deputada denuncia que “durante a semana pasada nos servizos de urxencias do hospital de Vigo acumulábanse ata 49 pacientes pendientes de cama, o que provoca unha situación inxestionable, con 49 seres humanos en pasillos e cubículos de urxencias en lugar de nunha habitación”.

Non perdas o vídeo en: 

Relacionados