Solución para Infinita

que segue sen acordar a orde ministerial que protexa esta actividade produtiva.

Javier Galán achegou a necesidade imperiosa de velar polo mantemento do emprego e amosou a súa preocupación pola situación social dunha plantilla que logo dun ano de ERE atópase en moitos casos co esgotamento dos dereitos a recibir unha prestación.

Javier Galán empraza ao alcalde a que deixe a súa militancia no PP para esixir e presionar en Madrid como alcalde de Ferrol para que o Ministerio de Industria acade unha urxentísima solución satisfactoria no tema do biodiésel, solución que non pode ser outra que garantir as condicións materiais e legais que fagan posible o mantemento dos postos de traballo vencellados a esta actividade coas liñas de axuda pertinentes.

O goberno do Estado ten que amosar con feitos e non só con palabras de fume o seu compromiso coa diversificación industrial e o cambio de modelo produtivo.

Relacionados