Solucións para viticultores galegos

O deputado de AGE, David Fernández Calviño, denunciou en rolda de prensa á grave situación que están a atravesar o colectivo xa que se trata dun producto perecedeiro o que fai mais urxente se cabe atopar unha solución canto antes xa que de non ser así as perdas serán inasumibles para o sector o que provocará que moitos se vexan obrigados a abandonar esta actividade agravando a situación de abandono que se está a vivir no rural. O deputado de AGE destacou a capacidade da Xunta de Galicia para presionar as empresas que queren pagar a uva por debaixo do custe de producción empregando excusas como que se superou a capacidade de almacenamento de producto algo que queda totalmente superado se o viticultor accede a vender a uva a un prezo moi por debaixo de custe.

Ante esta situación e pola urxencia que require o tema Alternativa Galega de Esquerda esixe a Xunta de Galicia que cumpra coa súa obriga e traballe para atopar unha solución a esta problemática que están a padecer o colectivo de viticultores no noso país.

Relacionados