yolanda diaz.jpg - 2.80 Kb

Sobre as infraestructuras eléctricas

O Grupo Municipal de Esquerda Unida  demándalle ao Goberno que elabore con urxencia un proxecto para acollerse a liña de axudas públicas que a Xunta de Galicia convoca hoxe no DOGA, cun importe pequeno pero que cómpre aproveitar de algo máis de un millón seiscentos mil euros. Axudas públicas que se convocan todos os anos e que o concello non está a aproveitar.

 

 

Esquerda Unida vén traballando hai anos para facerse eco das demandas veciñais que en diferentes barrios da cidade, de Santa Icía a Santa Mariña pasando por San Xoán sofren o mantemento de vellas infraestruturas eléctricas, tendidos aéreos e incluso a situación da subestación de Santa Mariña. Tendidos obsoletos e que supoñen un risco para a saúde e a seguridade da nosa veciñanza.

 

A Voceira do Grupo, Yolanda Díaz, pregúntase polas xestións realizadas logo dun ano de goberno por Rey Varela con vistas a cumprimentar a moción aprobada no Pleno para proceder o desmantelamento da subestación de Santa Mariña. Moción que logo reiterada contou co apoio do PP cando quentaba os bancos da oposición.

 

“Quizabes este ano e nesta materia o resultado do quefacer do Goberno Municipal  sexa o da pasividade, o non facer nada que sirva de verdade para mellorar as condicións da veciñanza de Santa Mariña nunha petición que é tan vella como necesaria”, sinala Yolanda Díaz.

 

O Grupo Municipal de EU achegará estas dúas demandas á vindeira comisión informativa de medio ambiente e urbanismo para instar ao Goberno a saír desa pasividade, que semella nefasta para atender as necesidades que temos como cidade.

Relacionados