STOP LOBBI EPISCOPAL!

ALEAS-EU denuncia no 9 de Decembro, Día Internacional do Laicismo e da Liberdade de Conciencia, os ataques da Igrexa Católica de cara ao colectivo LGTBI en particular e á sociedade en xeral e chama a todas as persoas disconformes con isto que aínda sigan nos rexistros episcopais a que apostaten.

A Igrexa é unha organización que leva exercendo control e opresión sobre as persoas dende o primeiro momento no que comezou a existir. Este poder non deixou de medrar a medida que avanzaban os sécalos e incluso hoxe, en pleno século XXI, podemos ver como a súa influencia e peso non menguaron. A Igrexa fala da existencia dun “Lobbi gai” no Vaticano, pero o que de verdade existe é un Lobbi Episcopal nas institucións.

Proba disto é que no último ano vimos de ver como cada día que pasa a Conferencia Episcopal ten máis poder e voz nos gobernos autonómico e central. Medidas como a intención de eliminar a reprodución asistida a mulleres lesbianas, bisexuais con parellas do mesmo sexo e solteiras ou o fortalecemento da Relixión no ensino público son unha boa proba diso.


A reforma da Lei do Aborto é outra das reclamacións da Conferencia Episcopal, que busca a súa completa prohibición, coartando o dereito a decidir das mulleres sobre os seus corpos. O recurso do Partido Popular á Lei do Matrimonio Igualitario, e que perderon, é outra das súas esixencias para salvar á familia tradicional cristiá, segundo a Igrexa. Así, podemos ver unha gran subordinación do Partido Popular á Igrexa Católica.


Tampouco podemos obviar a subordinación do PSOE a dito Lobbi, posto que non olvidamos o proxecto da “Lei Orgánica de Liberdade Relixiosa” que o anterior goberno centra prometera e que nunca se materializou ou como o goberno de Zapatero concedeu máis subvencións que nunca á Igrexa Católica cos cartos de todas e de todos. Isto tamén é proba de cómo o bipartidismo é unha parte fundamental do Réxime.


Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU) vemos como inaceptábel os continuos ataques LGTBIfóbicos por parte de membros da Igrexa Católica como Rouco Varela ou Juan Antonio Reig Plá, a publicación de libros como “Cásate y sé sumisa” por parte do Arcebispado de Granada, que busca a subxugación da muller ao home, ou as declaracións de membros do goberno do Estado Español como o Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, membro da “Sacra y militar Orden Constantiniana de San Jorge”.


Pese ás opinións sobre unha apertura da Igrexa dende a chegada do Papa Francisco I, dende ALEAS-EU denunciamos que só se trata dunha campaña de lavado de cara e mellora de imaxe e que a Igrexa Católica, concretamente a Conferencia Episcopal de España, buscan o retroceso das conquistas sociais LGTBI e non dubidan en apoiarse nos sectores de extrema dereita e en facer presión e coacción para acadar os seus obxectivos.


Por iso hoxe, 9 de decembro de 2013, Día Internacional do Laicismo e da Liberdade de Conciencia, reafirmamos o noso compromiso e o da nosa organización co laicismo de Estado e coa liberdade de conciencia sen ningún tipo de discriminación e saímos á rúa para denunciar esta situación e para demostrarlle á Igrexa que non sumos nin sumisas nin pasivas.


Despois de séculos de represión e de control por parte da Igrexa católica chegou o momento de rachar con ela. Chega o momento de apostatar!

 

 

Relacionados