A responsable da secretaría de igualdade de Esquerda Unida, María Rozas, manifesta que “a vilolencia machista é unha lacra endémica que presenta unha alarmante escalada e que debemos combatir entre todas e todos” e afirma que “as políticas austericidas que se están a impoñer dendo o goberno do Partido Popular afectan directamente á diminución de apoio ás persoas vítimas desta violencia machista”.
Dende a executiva nacional de Esquerda Unida manifestamos a nosa solidariedade coa familia e amizades da muller asasinada e facemos un chamamento ao conxunto da sociedade á participación nas mobilizacións convocadas en repulsa a este novo caso de violencia machista.